Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 9 de setembro de 1999, no que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia á corporación local de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do día 9 de setembro de 1999,

relativo á adxudicación provisional dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación pola corporación local de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), resulta necesario darlle publicidade ó devendito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 9 de setembro de 1999, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora para a súa explotación polo Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1999.

Rosanna López Salgueiro

Directora xeral de Comunicación Social e Audiovisual

Anexo á Resolución do 9 de setembro de 1999

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de setembro de mil novecentos noventa e nove adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, acorda adxudicar, con carácter provisional, a explotación dunha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que se relaciona no anexo, con expresión das características que corresponden á citada emisora.

O outorgamento da concesión, que habilitará para a posta en funcionamento da correspondente emisora, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución do presente acordo, de conformidade coas

funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Anexo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, para a súa explotación pola corporación local de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Provincia: PO.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

F (Mhz) 99.7.

Lonxitude: 8W4549.

Latitude: 42N3541.

Cota: 8.

HEFM: 37.5.

PRAW: 150.

P: M.

D: N.

Sector: -