Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 15 de setembro de 1999 pola que se modifica a do 12 de abril de 1999 pola que se establecen axudas á promoción, fomento da calidade e á busca de novas saídas comerciais dos productos galegos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

No artigo 11, segundo parágrafo, da Orde do 12 de abril de 1999 da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola que se establecen axudas á promoción, fomento da calidade e á busca de novas saídas comerciais dos productos galegos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (DOG nº 76, do 22 de abril), disponse que as correspondentes axudas outorgaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.03.722A.770.1, 12.03.722A.780.0 e 12.03.752A.771.1 que figuran dotadas nos orzamentos xerais da C.A. de Galicia para 1999, aprobados por Lei 6/1998, do 29 de decembro.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes comprobouse que tódolos solicitantes de axudas se corresponden con entidades sen ánimo de lucro, polo que cada axuda deberá ser concedida, se é o caso, con cargo a un artigo orzamentario de gastos 78. En consecuencia, procede realiza-la transferencia dos créditos inicialmente autorizados nas aplicacións 12.03.722A.770.1 e 12.03.752A.771.1 a outras aplicacións orzamentarias coa característica indicada.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 11, segundo parágrafo, da Orde do 12 de abril de 1999 da Con

sellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola que se establecen axudas á promoción, fomento da calidade e á busca de novas saídas comerciais dos productos galegos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (DOG nº 76, do 22 de abril, dándoselle a seguinte nova redacción:

As correspondentes axudas outorgaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.03.722A.781.0, 12.03.722A.780.0 e 12.03.752A.780.0 que figuran dotadas nos orzamentos xerais da C.A. de Galicia para 1999, aprobados por Lei 6/1998, do 29 de decembro.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura