Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.824

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 16 de setembro de 1999 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da dita lei o sindicato UGT-Galicia acordou a substitución dun dos seus membros suplentes da representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 227/1998 do 10 de xullo (DOG do 6 de agosto), pola que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sinala que a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social, pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988 e, en uso das atribucións que teño conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a José Antonio Gómez Gómez, en substitución de Miguel Ángel González Fernández.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1999.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais