Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (66/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 9 de setembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Manuel Gómez Delgado en representación de Inmobiliaria Gómez P., S.L., o proxecto de urbanización parcial da rúa Pena Redonda do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de

4.410.282 pesetas (catro millóns catrocentas dez mil duascentas oitenta e dúas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes. Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde