Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de corrección de erros.

Advertido un erro no anuncio remitido polo Concello de Viveiro, publicado no DOG o día 20 de setembro de 1999, relativo á licitación do contrato para a adxudicación mediante poxa, por procedemento aberto, das obras de construcción dunha nova casa do concello, rectifícase pola presente corrección a súa cláusula 9, que queda redactada como segue:

«9.-Orzamento.-O tipo de licitación é de trescentos oitenta e cinco millóns duascentas trinta e dúas mil trescentas corenta e seis (385.232.346) pesetas».

Por razóns de urxencia, esta rectificación non suspende ou interrompe o prazo para a presentación de proposicións.

Viveiro, 22 de setembro de 1999.

César Aja Mariño

Alcalde