Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (399/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria realizada o día 29 de xullo de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por quince votos a favor e doce votos en contra, aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense na zona urbana de Renfe e a zona 13 do S.U. 32.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na Praza Maior número 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que todalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Ourense, 2 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente