Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de agosto de 1999, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (A Corbeira, S.A. e mil catrocentos dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (zona de recadación da Coruña, rúa Comandante Fontanes, 17-1º A, A Coruña) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 2 de agosto de 1999.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña