Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 14 de setembro de 1999, da comisión de baremación do proceso selectivo de famacéuticos de atención primaria, polo que se anuncia a realización da proba escrita.

De conformidade co previsto no punto 6º da Resolución do 26 de abril de 1999, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se convocan os aspirantes para o proceso de selección temporal de 21 prazas de farmacéutico de atención primaria do Servicio Galego de Saúde, esta comisión de baremación anuncia a realización da proba escrita polos aspirantes admitidos para o vindeiro día 17 de outubro de 1999, ás 10 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, sito en San Lazaro, s/n.

Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do DNI permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único,

polo que será excluído deste proceso quen non compareza.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1999.

Berta Cuña Estévez

Presidenta da comisión