Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999 pola que se lle concede ó centro de formación ocupacional A Ran do concello de Cuntis a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Eduardo Rey Rodríguez en representación do centro de formación ocupacional A Ran do concello de Cuntis e a documentación anexa, na que se solicita que se lle conceda a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 11 do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) aprobada por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención destes.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Conceder ó centro de formación ocupacional A Ran do concello de Cuntis a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da provincia de Pontevedra.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na IT-IC 11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo.

Para imparti-los cursos deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria