Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999 pola que se lle concede ó centro de formación ocupacional A Ran do concello de Cuntis a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Eduardo Rey Rodríguez en representación do centro de formación ocupacional A Ran do concello de Cuntis e a documentación anexa, na que se solicita que se lle conceda a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupo IG-I a IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Conceder ó centro de formación ocupacional A Ran do concello de Cuntis a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, no ámbito da provincia de Pontevedra.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria