De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente sancionador: Secretaría 75/1999.
Denunciado/a: Manuel Valiño Candal e outro.
Panadería Eirís de Arriba.
DNI/CIF: 32.764.157.
Último enderezo coñecido: Eirís de Arriba, 17. A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: 100.000 ptas.
A Coruña, 23 de xullo de 1999.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña