Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Transportes La Unión, S.A.,

que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social polo comité de empresa. De conformidade co disposto no artigo 7 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de agosto de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A. e os seus traballadores

Acta única

Representación económica:

Alfredo Toranzo García

Representación social:

Membros do comité de empresa:

Manuel Méndez Rico

José Fernández Taboada

Ignacio Estévez González

Fernando Trigo Fabeiro

Ernesto Galiñanes Chaves

Venerando Gómez Leal

Dositeo Peón Amoedo

Manuel Santamaría Castro

José Martínez Moares

Nos locais da empresa, sita en Salvador Moreno, 155, ás 10 horas do 1 de abril de 1999, reunidas as representacións social e económica da empresa Transportes La Unión, S.A., co fin de constituí-la mesa para a revisión da táboa salarial para o segundo ano de vixencia do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A. e os seus traballadores.

Constitúese a dita mesa, cos señores que á marxe se expresan.

Ámbalas partes se recoñecen e consideran que posúen a lexítima representación para constituí-la mesa.

Constituída previamente a mesa coa asistencia de tódolos membros, procédese á lectura do artigo 7º do convenio colectivo, no que se reflicte o incremento da táboa salarial para o 2º ano de vixencia do convenio colectivo, que consiste no aumento do custo da vida a nivel nacional no ano natural de 1998, sendo o dito aumento do 1,4%.

As axudas de custo para a comida e o quebranto de moeda sofren o mesmo aumento cá táboa salarial.

E, non habendo máis asuntos que tratar, os asistentes ratifican coas súas sinaturas o acordo e táboa salarial correspondente, e levántase a sesión, dando por rematada a reunión.

Táboa de salarios desde o 1-4-1999 ó 31-3-2000

Persoal Admtivo.Ptas./mesPtas./h/Ext.

Xefe de servicio151.986 1.747

Enxeñeiros e licenciados132.461 1.524

Xefe de negociado105.595 1.214

Oficial de primeira 95.502 1.099

Oficial de segunda 89.284 1.027

Auxiliar administrativo 80.764 929

Persoal de movemento

Xefe de tráfico de 1ª114.672 1.320

Xefe de tráfico de 2ª110.593 1.272

Xefe de tráfico de 3ª103.941 1.196

Ptas./díaPtas./h/Ext.

Inspector 3.291 864

Conductor-perceptor 3.221 846

Conductor 3.164 832

Cobrador 2.761 727

Mozo de administración 2.633 692

Ptas./mesPtas./h/Ext.

Despachadores de billetes 87.615 1.007

Persoal de talleresPtas./mes Ptas./h/Ext.

Xefe de taller131.425 1.511

Encargado de taller102.677 1.181

Ptas./díaPtas./h/Ext.

Xefe de equipo 3.440 904

Oficial de primeira 3.313 870

Oficial de segunda 3.158 830

Oficial de terceira 3.021 794

Aprendices (salario mínimo segundo idade en cada caso)

Axuda de custo para o xantar1.155 ptas.

Quebranto de moeda 123 ptas.

Pontevedra, 1 de abril de 1999.