Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.745

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria sobre interpretación e aplicación do convenio colectivo para as industrias do metal sen convenio propio.

Visto o texto dos acordos acadados polas partes lexitimadas do convenio colectivo sectorial para as industrias do metal sen convenio propio 1998/1999, da provincia de Pontevedra (BOP nº 89, do 13 de maio), na reunión que tivo lugar o día 7-6-1999, sobre interpretación e aplicación nas empresas auxiliares e complementarias do sector naval, do artigo 15 do citado convenio relativo ós complementos de perigosidade, toxicidade e penosidade, e a acta da comisión paritaria sobre a súa entrada en vigor, esta delegación provincial, ó abeiro do disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de agosto de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio provincial siderometalúrxico de Pontevedra.

Día 1-7-1999

Asistentes:

ASIME:

J. María Hidalgo González

Javier Martínez López

ATRA:

Juan Rus González

FONCALOR:

Manuel Pérez Pérez

INSTALECTRA:

Leonardo Pérez Alonso.

CC.OO.:

José Cameselle Romero

Manuel Suárez Vila

CIG:

Antolín Alcántara Álvarez

Apolinar Lorenzo Davila

UGT:

Guillermo Simón López

Reunidos en Vigo, na sala de xuntas da sede do SMAC, sendo as 11.30 horas do día 1 de xullo de 1999, reúnense as persoas arriba indicadas co fin de dar referendo ós acordos do pasado día 7 de xuño entre UGT, CC.OO. e CIG, ASIME e INSTALECTRA que afectará ás empresas auxiliares e complementarias do sector naval.

Tras un breve cambio de impresións, chégase por unanimidade ós seguintes acordos:

1º Referenda-lo acordo mencionado anteriormente e do que se une copia a esta acta.

2º En canto á entrada en vigor e independentemente da que figura no citado acordo e da posterior arbitraxe, por unanimidade dos presentes establécese esta para o próximo día 15 de xullo, a excepción da cláusula terceira que será o próximo 1 de setembro.

Non tendo máis asuntos que tratar e en proba de conformidade, asinan a presente acta tódolos asistentes.

-Asistentes:

Delegado provincial:

Antonio Coello Bufill.

O xefe da Inspección Provincial de Traballo:

J. María Casas de Ron.

O xefe de Servicios de Relacións Laborais:

Julio Peláez Rodríguez.

Por ASIME:

J. María Hidalgo González

Javier Martínez López

Por INSTALECTRA: Leonardo Pérez Alonso.

Polo comite de folga:

José A. Álvarez González, UGT

Guillermo Simón López, UGT

José Cameselle Romero, CC.OO.

Antolín Alcántara Álvarez, CIG

J. Víctor García González, CIG

Asesor por CC.OO.: Guillermo Gómez Rodríguez

ACTA:

As partes que se relacionan na marxe reunidas na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo, sendo as 21 horas do día 7 de xuño de 1999, partes lexitimadas do convenio provincial para a industria do metal sen convenio propio, 1998/1999 (BOP nº 89, do 13 de maio), representando a UGT, CC.OO., CIG e ASIME e INSTALECTRA, chegan o seguinte acordo, co fin de elevalo á comisión paritaria do devandito convenio, para o seu referendo e aplicación nas empresas auxiliares e complementarias do sector naval.

As partes, tendo en conta as particularidades productivas e organizativas das empresas auxiliares e a mellora das condicións de seguridade no traballo e unha correcta aplicación da Lei de prevención de riscos laborais, e impulsando a planificación en tódalas empresas, e por outra banda, tendo en conta as modificacións que a aplicación da citada lei produce no desenvolvemento do artigo número 15 do convenio colectivo provincial sobre os complementos de penosidade, toxicidade e perigosidade, chegan os seguintes acordos desenvolvidos nas 4 cláusulas seguintes:

1º A seguinte regulación dos conceptos por complementos de penosidade, toxicidade e perigosidade, serán de aplicación en tódalas empresas auxiliares e complementarias do sector naval, xa incluídas no ámbito de aplicación do convenio colectivo provincial para as industrias do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra.

2º Nas empresas que teñan efectuada a avaliación de riscos e planificada a súa prevención polos medios ou entidades legalmente establecidos, coa partici

pación do comité de seguridade e saúde ou dos delegados de prevención, como representantes do persoal especializado para a prevención de riscos, así como cando desenvolvan as tarefas nun centro de traballo alleo que conte con avaliación de riscos realizada polo contratista principal, aplicarán o establecido no artigo 15 do convenio en aqueles postos que na relación de traballos e tarefas sexan considerados ou presenten riscos específicos non solventados coas medidas técnicas de protección colectiva ou persoal adoptadas, segundo os propios termos da avaliación ou planificación de riscos aplicada. Para estes efectos no concepto de toxicidade entenderase que procede o complemento naqueles supostos en que o nivel de acción chegue ó 50% dos valores límites para os axentes específicos establecidos. No complemento de penosidade cando sen prexuízo de que estean establecidas medidas de protección colectiva requira a utilización de equipos de protección individuais específicos do risco, e no

concepto de perigosidade haberá que aterse ós criterios establecidos polos comités de seguridade e saúde ou, se é o caso, polos servicios de prevención, oídos os delegados de prevención.

Nos casos de discrepancia haberá que aterse ós criterios técnicos e valoracións establecidos no Centro de Seguridade e Hixiene no Traballo da Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

3º As empresas que non teñan efectuada a avaliación de riscos e, conseguintemente, planificada a súa prevención, aplicarán, na forma transitoria que se establece mentres non se efectúen as correspondentes avaliacións de riscos, e en tódalas categorías, nos traballos de reparación a bordo, nos estaleiros e nos postos de traballo de soldadura, caldeirería, tubería dos talleres, pintores e repasadores (amoladores), aboarán un complemento por tódolos conceptos do 100% da cantidade prevista para un suposto do artigo 15 do convenio colectivo de aplicación, na totalidade da xornada.

No resto dos postos de traballo para o persoal de taller, aplicarase o módulo anterior no 50% da xornada de traballo.

Ata a próxima regulación que estableza, as empresas incluídas nesta cláusula terceira que efectúa a súa avaliación de riscos e planificación da prevención, unha vez feita, procederán consonte a cláusula segunda aplicando os complementos previstos segundo a avaliación e postos de riscos declarados.

4º Respectaranse, como condicións máis beneficiosas, aquelas cuantificacións que veñan percibindo os traballadores polos anteriores conceptos de complementos.

Os recibos de salarios serán en conta a desagregacións por estes conceptos salariais, que deben estar identificados en tódolos casos.

A percepción dos complementos de penosidade, perigosidade e toxicidade non teñen carácter de percepción salarial consolidada.

Disposición adicional

As partes solicitan e obteñen da autoridade laboral a inclusión da presente disposición complementaria establecendo que, en caso de que os técnicos de seguridade e hixiene do centro de seguridade e hixiene provincial ou por parte dos inspectores de traballo de Seguridade Social no ámbito das súas actuacións, se apreciase a non aplicación dalgún destes conceptos nos casos procedentes, estes informarán á empresa, ós delegados de prevención, representantes do persoal ou, no seu defecto, ó conxunto dos traballadores, para o seu establecemento ou reclamación.

Así mesmo, o Centro de Seguridade e Hixiene da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, efectuarán no sector un seguimento específico co fin de verifica-lo cumprimento dos termos do presente acordo, establecéndose unha comisión de seguimento, integrada por dous representates dos citados organismos e polos que designen as partes asinantes do presente acordo, que establecerá o seu propio funcionamento.

Este acordo, que se eleva e traslada á comisión paritaria do convenio provincial da industrias do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra, entrarán en vigor o primeiro día do mes seguinte ó seu referendo pola comisión paritaria, a excepción da cláusula nº 3, na que por non terse acadado acordo entre as partes da presente acta, por instancia da autoridade laboral, as partes pactan someter o procedemento de arbitraxe do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), a decisión sobre o prazo de aplicación da referida cláusula tendo en conta as últimas posicións fixadas polas partes ante a autoridade laboral entre un mes e catro meses de plazo.

Polo comité de folga, e á vista dos acordos acadados no día de hoxe, acorda por unanimidade a desconvocatoria da folga declarada, coa reiniciación das actividades a partir das 11 horas da maña do día 8 do mes que andamos (folga comunicada escrito día 19-5-1999).

Non habendo máis asuntos que tratar, érguese a reunión co resultado de con acordo, sendo as 21.15 horas do día da data, asinando a presente acta tódolos asistentes.