Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso de execución, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica que se cita.

A) Asistencia técnica.

Título: asistencia técnica para dirección de obras e control no Concello de Vigo.

Clave: AT/113.

Orzamento: vintenove millóns novecentas seis mil trescentas sesenta e seis (29.906.366) pesetas (cento setenta e nove mil setecentos corenta con oitenta e oito (179.740,88 euros).

Prazo: doce (12) meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de bases estarán de manifesto e a dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, sita en Avda. Rodríguez de Viguri nº 47, baixo B, de Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de execución por contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos ás dez horas do sexto día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los concursantes: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos