Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza das instalacións da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza das instalacións da Academia Galega de Seguridade.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 130.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Fax: 986 59 09 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da AGs en horario das 9 ás 14 horas ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas económicas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade: A Estrada.

d) Data: sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: dez trinta horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 9 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade