Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dun servicio de reparto de material e de valixa a distintos centros dependentes desta xerencia (C.P. 4/1999).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:

Obxecto: servicio de reparto de material e valixa a distintos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña).

Orzamento: 4.320.000 ptas./ano, (IVE incluído) (25.963,72 euros).

Garantía provisional: 86.400 ptas. (519,27 euros).

Lote 1: servicio de reparto de material.

Orzamento: 2.347.200 ptas. (14.106,95 euros).

Garantía provisional: 46.944 (282,13 euros).

Lote 2: servicio de reparto de valixa.

Orzamento: 1.972.800 ptas. (11.856,76 euros).

Garantía provisional : 39.456 ptas (237,13 euros).

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Recepción do servicio: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Prezo: 60%.

2º Calidade: 25%.

3º Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de subministracións da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Pasteur, nº 22 (polígono da Grela), 15008 A Coruña. Tel.: 981 25 14 50, fax: 981 25 16 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Xeneral Sir John Moore, nº 2, 15001 A Coruña, planta terceira, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG ou por correo, na forma indicada no punto 9.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 21 de xuño de 1999.

Luis Verde Remeseiro

Director-xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol