Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de xullo de 1999 pola que se notifica a incoación do expediente sancionador 4/1999, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia, por ter sido devolta a notificación polo servicio de correos.

Por medio desta cédula notifícase á persoa que se sinala no anexo, co seu último enderezo coñecido, a incoación do expediente sancionador que pode dar lugar á sanción que tamén se cita.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste de alegar ante a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o que considere conveniente, achegando ou propondo as probas que coide oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Comunícaselle que a resolución pola que se incoa o procedemento sancionador pódese retirar na delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 21 de xullo de 1999.

José Luis Mínguez Goyanes de la Rica

Instructor do procedemento

ANEXO

Expediente: 4/1999.

Denunciado: Gumersindo Meijón Álvarez.

Último enderezo coñecido: República Argentina-9, 15701 Santigo de Compostela.

Feito denunciado: realización de excavacións e explanacións, sen autorización, feitas para a construcción de pistas e naves no contorno de protección do xacemento arqueolóxico de Coto de Castro de San Marcos, en Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95.2º da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.