Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 30 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-347/98 e dúas máis, devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e últimos enderezos coñecidos sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, contra a que poderá inter

poñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivo no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 30 de agosto de 1999.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción imposta
InfrinxidoSancionador

LU-347/98Mª del Carmen Romero Montoya

DNI: 33.289.498

Espín-Coaña-Asturias

Transporta-lo día 18 de outubro de 1998, no camión matrícula O-8718-AP, conducido por José Ignacio Montoya Romero, 2 cabezas de gando equino, sen te-lo camión rexistrado na delegación de Agricultura e Gandería para este fin.Artigo 52 do Regulamento de epizootias de 1955.Artigo 224 do Regulamento de epizootias.15.000
LU-39/99Emilio López Sotelo

DNI: 76.623.978

S. Salvador de Asma

Vilanova-Chantada

Encontrarse ás 9.45 horas do día 1 de febreiro de 1999, no mercado gandeiro de Monterroso, a efectuar operacións de compra-venda de gando bovino, e te-lo carné de tratante nº 98/95 sen referendar.Artigos 195 e 196 do Regulamento de epizootias de 1955 e 7 da Orde do 28 de marzo de 1972 de normas sobre a cartilla gandeira.Artigo 213 do Regulamento de epizootias.5.000
LU-68/99Fernando Graña Montero

DNI: 33.289.498

r/ Rosalía de Castro, 13

Melide-A Coruña

Transportar ás 17.27 horas do día 7 de abril de 1999, no camión matrícula C-6528-Y, unha partida de 14 animais bovinos desde o Mercado Nacional de Torrelavega ata Curtis e Frades-A Coruña, partida amparada por dúas guías de orixe e sanidade pecuaria non válidas, por non figurar nelas os datos relativos ó conductor, DNI e vehículo no que se realiza o transporte.Artigo 32 do Regulamento de epizootias de 1955.Artigo 212 do Regulamento de epizootias.25.000