Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 30 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de epizootias LU-127/99 e tres máis, devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e

últimos enderezos coñecidos que se sinalan a continuación, a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructora do procedemento a Mª Paz Maseda Ferreiro e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarias desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e os documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 30 de agosto de 1999.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción posibleInstructor
InfrinxidoSancionador

LU-127/99Francisco Rodríguez Laso.

DNI: 35.910.833.

Urzaiz, 117-3º.

Vigo-Pontevedra.

Encontrarse ás 9.30 horas do día 8 de xuño de 1999, no mercado gandeiro de Escairón-O Saviñao, a efectuar operacións de compra de gando bovino, e carecer do carné de tratante establecido para este fin.Artigos 195 e 196 do Regulamento de epizootias de 1955.Artigo 213 do Regulamento de epizootiasDe 1.000 a

50.000 pesetas.

Mª Paz Maseda Ferreiro
LU-163/99David Sánchez Castro

DNI: 33.791.214

Xermar, 1

Cospeito-Lugo

Transportar ás 11.40 horas do día 22 de xullo de 1999, no vehículo matrícula LU-0879-H, 8 animais porcinos desde o mercado gandeiro de Rábade ata Ramil, e carecer da autorización oficial de traslado que os amparase desde a súa orixe ata o seu destino.Artigo 32 do Regulamento de epizootias de 1955.Artigo 212 do Regulamento de epizootias.Do 20 ó 30 por 100 do valor da res.Mª Paz Maseda Ferreiro

LU-167/99Julio Montolla Camacho

DNI: 34.243.194

P. Iglesias Alvariño, nº 12-4º A

Lugo

Transportar ás 10.40 horas do día 27 de xuño de 1999, no vehículo matrícula LU-6645-M, gando equino desde Lugo ata A Pastoriza, e carecer da autorización oficial de traslado para 2 équidos, do carné de tratante e non te-lo vehículo rexistrado na delegación provincial de Agricultura para transportar animais.Artigos 32, 52, 195 e 196 do Regulamento de epizootias de 1955.Artigos 212, 213 e 224 do Regulamento de epizootias.Do 20 ó 30 por 100 do valor da res, de 2.500 a 100.000 pesetas e de 1.000 a 50.000 pesetas.Mª Paz Maseda Ferreiro

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción posibleInstructor
InfrinxidoSancionador

LU-141/99Manuel Agra Carreira

DNI: 78.781.200

Serantes

Santiso-A Coruña

Transportar ás 15.45 horas do día 29 de xuño de 1999, no camión matrícula LU-6540-U, 800 animais porcinos desde Calzada-Salamanca ata San Marcos-Santiago de Compostela, e carecer da autorización oficial de traslado que os amparase desde a súa orixe ata o seu destino.Artigo 32 do Regulamento de epizootias de 1955.Artigo 212 do Regulamento de epizootias.Do 20 ó 30 por 100 do valor da res.Mª Paz Maseda Ferreiro