Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da obra consistente na renovación da instalación de auga fría sanitaria no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (IAS-528).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: renovación da instalación de auga fría sanitaria no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña) (IAS-528), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: tres (03) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oito millóns duascentas corenta e cinco mil trescentas oitenta e tres pesetas (8.245.383 ptas.) (49.555,70 euros).

5. Garantías.

Provisional: cento sesenta e catro mil novecentas oito pesetas (164.908 ptas.) (991,117 euros).

Definitiva: trescentas vintenove mil oitocentas quince pesetas (329.815 ptas.) (1.982,228 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, Centro de Investigación e Tecnoloxía Agraria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 81.

e) Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solciitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 26 de outubro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela 15771.

d) Data: 5 de novembro de 1999.

e) Hora: 13.30 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria