Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 9 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 5929.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que Erimsa, con enderezo en Juana de Vega, 2-6ª planta,

15003 A Coruña, presentou nesta delegación provincial o día 22 de xaneiro de 1999 instancia-solicitude do permiso de investigación Dionisio 2 de 273 cuadrículas mineiras para recursos de cuarzo e sección C, que se sitúa nos concellos de Begonte, Cospeito, Outeiro de Rei e Vilalba da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5929 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1-7º 35' 00''43º 18' 00''

2-7º 31' 20''43º 18' 00''

3-7º 31' 20''43º 12' 00''

4-7º 34' 00''43º 12' 00''

5-7º 34' 00''43º 09' 00''

6-7º 36' 20''43º 09' 00''

7-7º 36' 20''43º 13' 00''

8-7º 35' 00''43º 13' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer en forma no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Ley 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 9 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo