Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 19-4-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación Cea, 2666.

Visto o artigo 1.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro (DOG nº 199, do 15) de avaliación de efectos ambientais para Galicia, a delegada provincial de Pontevedra

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 19-4-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación Cea nº 2666, sita en terreos do termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos Fernández Fernández, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 34.180 m comprendida dentro do espacio solicitado para a concesión de explotación de dúas cuadrículas mineiras, delimitado polos paralelos 42º 36' 20'', 42º 36' 40'' norte, e polos meridianos 8º 43' 20'', 8º 44' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Cea nº 2666, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 7 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra