Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 9 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 5930.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que Erimsa, con enderezo en Juana de Vega, 2-6ª planta, 15003 A Coruña, presentou nesta delegación provincial o día 22 de xaneiro de 1999 instancia-solicitude do permiso de investigación Skuller de 32 cuadrículas mineiras para recursos de cuarzo e sección C, que se sitúa no concello de Xermade da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5930 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1-7º 48' 00''43º 25' 40''

2-7º 46' 20''43º 25' 40''

3-7º 46' 20''43º 24' 40''

4-7º 47' 20''43º 24' 40''

5-7º 47' 20''43º 24' 20''

6-7º 47' 00''43º 24' 20''

7-7º 47' 00''43º 22' 40''

8-7º 48' 00''43º 22' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan com

parecer en forma no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Ley 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 9 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo