Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso de asistencia técnica para a realización dun estudio para o desenvolvemento do Corredor Atlántico Vigo-Porto, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dun estudio para o desenvolvemento do Corredor Atlántico Vigo-Porto.

b) Prazo de execución: nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado: 166.386.000 ptas. (IVE incluído) (1.000.000 de euros).

5. Garantías.

Provisional: 3.327.720 ptas. (20.000 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas en:

Comissao de Coordenaçao da Regiao do Norte.

Direcçao Regional do Ordenamento do Territorio.

Rúa Rainha D. Estefanía, 251.

1450 Porto.

Fax: 02/608 63 06.

Teléfono: 02/608 63 76/608 63 16.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira precisamente referido ó traballo obxecto de licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1º Copias autenticadas das titulacións do persoal do equipo redactor do estudio, especificado no apartado 14 (equipo do consultor), do prego de prescricións técnicas.

2º Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Alternativamente poderase acredita-la solvencia mediante certificación vixente de acharse a empresa clasificada no grupo I, subgrupo 1, categoría D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día 28 de outubro de 1999, data na que se terá cumprido o prazo de 36 días desde que se remitiu este anuncio, para a súa publicación no DOCE.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Enderezo: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: r/ praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: día 8 de novembro de 1999.

e) Hora: ás doce horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se achega no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 21 de setembro de 1999.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG do 21)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda