Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.721

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (38/1999).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 38/1999, cítanse os denunciados José Antonio Rojo Pombo e José Antonio Rojo Bardanca, dos que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 6 de outubro ás 11.45 horas, comparezan na sala de audiencia deste xulgado para asistiren ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoos de que poden ser asistidos de avogado e de que deberán acudir coas probas que teñan e prevíndoos de que, de non o faceren, poderán incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1999.

O/a secretario/a

Rubricado