Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CEDULA do 31 de agosto de 1999, do Servicio Provincial de Transporte de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01317-O-1998 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 31 de agosto de 1999.

P.A.

Mª Carmen Murias Calzada

Xefa de Sección de Concesións

ANEXO

Expediente: PO-00611-O-1999.

Matrícula: PO-1844-AX.

Denunciante: G.C. Tráfico.

Denunciado: Lourdes Prieto Domínguez.

Último enderezo coñecido: Trav. de Vigo, 159-1º Esq. 36206-Vigo. Pontevedra.

Feito denunciado: circular transportando unha carga de carne de ave cun peso de 2.640 kg estando autorizado para un PMA 2.000 kg. Exceso 640 kg un 32% comprobado na báscula do Porto de Marín, Pontevedra, ticket nº 138. Servicio privado.

Data e hora: 13-4-1999; 13.14.21.

Estrada p.k.: C-531; 15.200.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Expediente: PO-01317-O-1998.

Matrícula: C-4945-AD.

Denunciante: G.C. Tráfico.

Denunciado: José María Núñez Pardo.

Último enderezo coñecido: Barreira, 1. 15173-Oleiros. A Coruña.

Feito denunciado: realizar función de empresa arrendadora carecendo de autorización administrativa. Trátase dun vehículo alugado polo conductor a Tallers Costa de Baio, A Coruña, durante un tempo de 2 semanas, por un total de 33.000 ptas.

Data e hora: 15-8-1998; 13.10.

Estrada p.k.: N-525; 300,700.

Precepto infrinxido: artigo 133 da Lei 16/1987.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 250.000 ptas.