Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.708

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de agosto de 1999 pola que se comunica a ampliación do importe existente para a concesión de axudas a empresas para a creación no litoral de infraestructuras para actividades de tipo turístico, cultural e de lecer vinculadas ó mar, convocadas pola Orde do 1 de marzo de 1999.

A Orde do 1 de marzo de 1999 (DOG nº 51, do 15), pola que se regula a concesión de axudas para

a creación no litoral de infraestructuras para actividades de tipo turístico, cultural e de lecer vinculadas ó mar, establecía no seu artigo 1, parágrafo 2º, unha limitación da contía máxima de axudas para conceder, cifrada en dezaseis millóns de pesetas.

A existencia de remanentes de crédito non utilizados na convocatoria inicial permite dispoñer de máis fondos para a concesión das axudas convocadas pola antedita orde. Dado que nela se limitaba a cantidade máxima para conceder como a cifrada na orde, parece conveniente facer público o incremento da dita contía.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase o importe máximo das axudas convocadas pola Orde do 1 de marzo de 1999, na cantidade de 1.792.478 pesetas con cargo á partida orzamentaria 12.04.770.0 do programa 752 A dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246 do 22)

Amancio Landín Jaraiz

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura