Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de agosto de 1999 pola que se autoriza impartir ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, na modalidade a distancia, en determinados centros docentes públicos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 54, prevé que a educación para as persoas adultas poderá impartirse en centros docentes ordinarios ou específicos. Desta forma, as persoas adultas contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades para alcanza-la formación básica prevista na mencionada lei, dispoñendo nos centros ordinarios dunha oferta e dunha organización destas ensinanzas adecuada ás súas características.

A Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a educación e promoción de adultos adoptará as modalidades presencial, semipresencial e a distancia, e que a modalidade de educación a distancia utilizará un ou varios medios de comunicación e irá dirixida preferentemente á poboación adulta con dificultade de desprazamento ou de asistencia.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 7 que o ensino a distancia se impartirá naqueles centros que autorice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Co fin de adapta-la oferta da educación secundaria ás condicións, necesidades e intereses das persoas adultas, dictouse a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 25 de xuño de 1999 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas na modalidade de educación a distancia no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia, e na que se establece no artigo 2 que se poderá imparti-lo nivel III do ensino básico para as persoas adultas na modalidade de educación a distancia nos centros específicos de educación de adultos, nos institutos de educación secundaria e nos centros públicos integrados expresamente autorizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, correspóndenlle á Consellería de Educación e Ordenación Univer

sitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

En consecuencia do anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único.-Autorízase impartir ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas (nivel III) na modalidade de educación a distancia establecida na Orde do 25 de xuño de 1999 nos centros docentes públicos de educación secundaria que se relacionan no anexo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Provincia da Coruña

15005221IES Eusebio da Guarda. A Coruña.

15006742IES Concepción Arenal. Ferrol

15015755IES Rosalía de Castro. Santiago de Compostela.

Provincia de Lugo

27006531IES Lucus Augusti. Lugo.

Provincia de Ourense

32008951IES Ramón Otero Pedrayo. Ourense.

Provincia de Pontevedra

36006729IES Valle-Inclán. Pontevedra.

36017430IES Ricardo Mella. Vigo.