Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999, da Comisión de Selección do VI Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia, convocado por Resolución do 28 de xuño de 1999, pola que se anuncia a relación de admitidos ó curso.

En sesión celebrada o día 17 de setembro de 1999, pola comisión designada para a selección dos participantes no VI Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios, convocado por Resolución do 28 de xuño de 1999 (DOG nº 133, do 13 de xullo), acordouse a selección definitiva dos aspirantes que realizarán o mencionado curso.

A relación dos seleccionados está exposta no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, podendo os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación, de acordo co previsto nos artigos 114 e seguintes da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1999.

Jaime Bouzada Romero

Presidente da comisión