Resolución do Concello de Ramirás pola que se anuncia a contratación da obra de saneamento en Marnotos por procedemento aberto e concurso.
De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra de saneamento en Marnotos, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto do contrato: obra de saneamento en Marnotos, segundo proxecto do enxeñeiro técnico de obras públicas Jesús Iglesias Iglesias.
2. Duranción do contrato: cinco meses.
3. Tipo de licitación: 13.120.000 ptas.
4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.
5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas muncipais.
6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 262.400 ptas.
7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.
8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día hábil natural seguinte contados desde á última das publicacións deste anuncio no BOP ou DOG.
10. Apertura de proposicións: ás trece horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte a aquel en que remate o prazo para a presentación de pro
posicións, en acto público, no salón de sesións da casa do concello.
11. Modelo de proposicións: o recollido na cláusula 17 do prego.
Ramirás, 16 de setembro de 1999.
Pilar López García
Alcaldesa