Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ramirás pola que se anuncia a contratación da obra de saneamento en Penavegosa e Rubiás por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra de saneamento en Penavegosa e Rubiás, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: obra de saneamento en Penavegosa e Rubiás, segundo proxecto do enxeñeiro técnico de obras públicas Jesús Iglesias Iglesias.

2. Duranción do contrato: tres meses.

3. Tipo de licitación: 9.468.000 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas muncipais.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 189.360 ptas.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día hábil natural seguinte contados desde á última das publicacións deste anuncio no BOP ou DOG.

10. Apertura de proposicións: ás trece horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte a aquel en que remate o prazo para a presentación de proposicións, en acto público, no salón de sesións da casa do concello.

11. Modelo de proposicións: o recollido na cláusula 17 do prego.

Ramirás, 16 de setembro de 1999.

Pilar López García

Alcaldesa