Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999 pola que se dispón a publicación da convocatoria de procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do exercicio de 1999.

En comprimento do acordado polo Pleno da Corporación, do día 25 de marzo de 1999, no que se aprobou o texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión de prazas vacantes existentes no cadro de personal e contidas na oferta de emprego público de 1999, e no exercicio das atribucións conferidas á alcaldía polo artigo 41.14º a) do Real decreto 2586/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dispoño a publicación da convocatoria pública de probas selectivas para a provisión das seguintes prazas vacantes reservadas a funcionarios e contidas na oferta de emprego público de 1999:

1 de técnico superior da escala de Administración especial, subescala técnica, integrada no grupo A. Denominación: arquitecto.

1 de técnico medio da escala de Administración especial, subescala técnica, integrada no grupo B. Denominación: arquitecto técnico (aparellador).

1 de técnico auxiliar, da escala de Administración especial, subescala técnica, integrada no grupo C. Denominación: delineante.

1 de auxiliar da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo D.

1 de técnico cultural da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase cometidos especiais, integrada no grupo A.

1 de sarxento da policía local da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo C.

8 de garda da policía local da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo D.

1 de vixilante de edificios e dependencias da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase cometidos especiais, integrada no grupo E.

1 de mestre electricista, da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo D.

2 de operario de servicios varios da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas nas que se sinalan os

requisitos para o ingreso e os procedementos de selección, texto que se publicou no BOP número 98, correspondente ó día 26 de maio de 1999 e a corrección de erros publicada no número 124 do día 1 de xullo de 1999, computándose o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos pertinentes.

Pontevedra, 14 de setembro de 1999.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde