Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Nogueira de Ramuín aprobou, o día 27 de agosto de 1999, o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de rehabilitación de infravivenda.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario de se presentaren reclamacións.

Prezo: 3.088.309 ptas.

Garantías: provisional: 61.766 ptas.

Definitiva: 123.532 ptas.

Presentación de proposicións: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas no rexistro do concello, de luns a venres.

Apertura de ofertas: o segundo día hábil seguinte ó da apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás doce horas.

Nogueira de Ramuín, 1 de setembro de 1999.

José Eugenio Galindo González

Alcalde