Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 8 de setembro de 1999, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a subministración de enerxía eléctrica á estación depuradora

e elevadora de auga potable; por este anúnciase a licitación consonte as seguintes carecterísticas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración de enerxía eléctrica á estación depuradora e elevadora de auga potable, ó amparo do que establece a Lei 54/1997, do 27 de novembro, R.D. 2019/1997, do 23 de decembro, para os consumidores cualificados. A tensión de subministración é de 20 kV, a potencia contratada na actualidade é de 1.520 kW e o consumo anual estimado de 9,6 GWh.

b) Prazo de duración: a duración será dun ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o prezo do contrato será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

5. Garantías.

Provisional: 2.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 29 71 43, 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03, 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 2 de novembro de 1999.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 2 de novembro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: praza Maior, 1.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior,1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: 3 de novembro de 1999.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 9 de setembro de 1999.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente-alcalde, delegado da área