Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Entrimo pola que se anuncia a contratación da obra de camiño a Carballeira en Queguas, p.k. 0-3 por procedemento aberto urxente e concurso.

De conformidade co disposto nos artigos 72 e 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto urxente, para adxudica-las obras de camiño a Carballeira en Queguas, p.k. 0-3, incluído no Plan de Comarcas de Acción Especial de 1999, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de camiño a Carballeira en Queguas, p.k. 0-3.

2. Duración do contrato: catro meses.

3. Tipo de licitación: 8.088.000 pesetas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento en vigor.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifiesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

6. Garantía provisional: será do 2 por 100 do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares. Durante os catro primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4 por 100 do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXIII do prego de cláusulas.

Entrimo, 23 de agosto de 1999.

Juan Alonso Alonso

Alcalde