Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de Empresas Prestadoras de Servicios Auxiliares a Residencias de la Tercera Edad (Asearte).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no corres

pondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Empresas Prestadoras de Servicios Auxiliares a Residencias de la Tercera Edad (Asearte) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas que presten servicios auxiliares ás residencias da terceira idade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: José Gómez Gómez en representación da empresa Pulcrisa, e José Gómez García en representación da empresa Limpiezas Gómez, S.L.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais