Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación estatutaria da Asociacións Atenea.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público o correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 12 de xullo de 1999, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Rafael García Madriñán, avalada co visto e prace da súa presidenta, Angélica Bargiela Troncoso, na que se reflicte o acordo acadado por maioría absoluta polo comité executivo, na reunión do día 28 de maio de 1999, relativo ó traslado do domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Doutor Teijeiro, 1-3º A, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais