Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 23 de xullo de 1999, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Ricardo Fernández Costas, co visto e prace da súa presidenta, María Isabel Castro Díaz, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidad na asemblea xeral extraordinaria o día 26 de xuño de 1999 en Santiago de Compostela, e que consiste na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais