Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o equipamento de aparellos médicos e de enfermería-Plan de Necesidades 1999. (C.P. 131/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7, letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Gallego de Salud (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: equipamento de aparellos médicos y de enfermería-Plan de Necesidades 1999.

Orzamento: 21.860.000 ptas. (131.381,25 euros).

Garantía provisional: 437.200 ptas. (2.627,62 euros).

Lote 1: aspiradores intermitentes (5 Uds.)

Orzamento: 900.000 ptas. (5.409,11 euros).

Garantía provisional: 18.000 ptas. (108,18 euros).

Lote 2: electrocardiógrafos con carro de transporte (3 Uds.).

Orzamento: 1.650.000 ptas. (9.916,70 euros).

Garantía provisional: 33.000 ptas. (198,33 euros).

Lote 3: lavadora instrumental cirúrxico (1 Ud.).

Orzamento: 1.500.000 ptas. (9.015,18 euros).

Garantía provisional: 30.000 ptas. (180,30 euros).

Lote 4: carros de parada cardiorrespiratoria (5 Uds.).

Orzamento: 1.000.000 de ptas. (6.010,12 euros).

Garantía provisional: 20.000 ptas. (120,20 euros).

Lote 5: aparellos de tensión automáticos (3 Uds.).

Orzamento: 810.000 ptas. (4.868,20 euros).

Garantía provisional: 16.200 ptas. (97,36 euros).

Lote 6: equipo completo de neuroendoscopia (1 Ud.).

Orzamento: 8.500.000 ptas. (51.086,03 euros).

Garantía provisional: 170.000 ptas. (1.021,72 euros).

Lote 7: cardiotocógrafos (3 Uds.).

Orzamento: 3.000.000 de ptas. (18.030,36 euros).

Garantía provisional: 60.000 ptas. (360,61 euros).

Lote 8: plataformas de asistencia intensiva para neón (2 Uds.).

Orzamento: 3.000.000 de ptas. (18.030,36 euros).

Garantía provisional: 60.000 ptas. (360,61 euros).

Lote 9: motor para cirurxía maxilofacial (1 Ud.).

Orzamento: 1.500.000 ptas. (9.015,18 euros).

Garantía provisional: 30.000 ptas. (180,30 euros).

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación.

Oferta económica: 50%.

Características técnicas e prestacións: 35%.

Servicio de asistencia técnica e mantemento: 15%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de setembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña