Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncian os concursos públicos de subministracións para a adquisición de aparellos médicos e sanitarios (C.P. 21/1999); e de publicacións periódicas médicas (C.P. 22/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios

Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), resolve convoca-los seguintes concursos públicos:

Expediente C.P. 21/1999.

Obxecto: adquisición de aparellos médicos e sanitarios.

Orzamento: 19.896.000 ptas. (119.577,37 euros), IVE incluído, desagregado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: sistema combinado de equipo de función pulmonar con pletismografía, 7.795.000 ptas., IVE incluído.

Lote nº 2: autoclave esterilizador a vapor, 7.300.000 ptas., IVE incluído.

Lote nº 3: mesa de operacións para cirurxía universal, 4.801.000 ptas., IVE incluído.

Expediente C.P. 22/1999 (anticipado de gasto).

Obxecto: adquisición de publicacións periódicas médicas (5 lotes).

Orzamento: 14.710.000 ptas. (88.408,88 euros), IVE incluído.

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran nos pregos de prescricións técnicas.

Forma da adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: ver punto 3.3 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Admisión de variantes: ver punto 3.5 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 7 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: ver punto 6 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.

Fianzas: provisional: ver punto 8 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas. Definitiva: 4% do importe de licitación do que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos

Económicos do complexo hospitalario, a partir das 9 horas do sexto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 16 de setembro de 1999.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense