Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro do 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación ordinaria) mixto-plurianual, para determinacións de bioquímica. (C.P. 128/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, artigo 7, letra i, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): determinacións de bioquímica.

Orzamento total: 151.700.000 ptas. (IVE incluído) (911.735,36 euros) (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 1 lote:

Lote 1: nº Determinac./ano, Mat. consumible/ano e Arrend. equipos analizadores: 151.700.000 ptas. (911.735,36 euros).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Laboratorio (unidade administrativa).

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo, sito na 3ª planta do edificio anexo do hotel de pacientes.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 13 de outubro de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 20 de outubro de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña, ás 10 horas do día 2 de novembro de 1999.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de licitación de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal de empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 45%.

Prestación do equipamento: 25%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico: 10%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24-10-1998.

17. Data de envío do anuncio: 14 de setembro de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 9 de setembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña