Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Por decreto do Consello da Xunta de Galicia número 233/1999, do 29 de xullo, foi declarada a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: expropiación forzosa para a construcción de paso inferior baixo a N-525, saneamento, abastecemento e beirarrúas no núcleo do Eixo.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación.

Lugar: no local social de Bornais.

-Día 5 de outubro de 1999 ás 10 horas: da parcela nº 1 á nº 5.

-Día 5 de outubro de 1999 ás 10.15 horas: da parcela nº 6 á nº 10.

-Día 5 de outubro de 1999 ás 10.30 horas: da parcela nº 11 á nº 15.

-Día 5 de outubro de 1999 ás 10.45 horas: da parcela nº 16 á nº 20.

-Día 5 de outubro de 1999 ás 11 horas: da parcela nº 21 á nº 25.

-Día 6 de outubro de 1999 ás 10 horas: da parcela nº 26 á nº 30.

-Día 6 de outubro de 1999 ás 10.15 horas: da parcela nº 31 á nº 35.

-Día 6 de outubro de 1999 ás 10.30 horas: da parcela nº 36 á nº 40.

-Día 6 de outubro de 1999 ás 10.45 horas: da parcela nº 41 á nº 45.

-Día 6 de outubro de 1999 ás 11 horas: da parcela nº 46 á nº 50.

Ó dito acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e documento

nacional de identidade, podendo asistir acompañados, se o estiman oportuno e pola súa conta, dos seus peritos e notario.

A lista de propietarios afectados atópase exposta ó público no taboleiro de edictos do concello.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde