Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de compensación da unidade de actuación número 14-2 do PXOU de Pontevedra na Parda.

O Pleno da Corporación, en sesión do 31-7-1999, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de compensación da unidade de actuación nº 14.2

do PXOU A Parda, formulado pola xunta de compensación deste ámbito espacial, coa finalidade de proceder á súa xestión e execución urbanística, determinándose que a formalización deste proxecto de compensación se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a xunta de compensación e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo da protocolización notarial del, sendo ambas obrigas por conta da xunta.

Segundo.-Incorpora-los terreos desta unidade de actuación nº 14.2 de cesión obrigatoria -en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames- ó patrimonio municipal e inventario de bens e a súa afectación ós usos previstos polo planeamento.

A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para se proceder á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses contados desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e os citados propietarios.

Terceiro.-Publica-lo presente acto administrativo no taboleiro de anuncios deste concello, BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia e notificárllelo individualizadamente ós interesados con comunicación de testemuña del á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 2 de setembro de 1999.

Miguel Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral