Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria realizada o día 29 de xullo de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.Desestima-la alegación presentada por José Rey Novoa, á aprobación inicial do estudio de detalle da modificación de rasante nun tramo da urbanización na Lonia, de acordo cos informes técnicos e xurídicos emitidos, dos que se dará traslado ó interesado para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente o estudio de detalle da modificación de rasante nun tramo da urbanización prevista no proxecto básico e de execución da urbanización da rúa s/n na Lonia, Ourense, por instancia de Benito Freijedo González.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 1 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente