Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.592

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ADQUISICIÓN de gammacámara de dobre detector.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición dunha gammacámara de dobre detector para a Unidade de Medicina Nuclear de Ourense, sita no Hospital Santa Mª Nai.

Nº de expediente: CTRL/021/99.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5 A-6º B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1999.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica