Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.578

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de setembro de 1999 pola que se modifica a do 27 de xullo de 1995 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de xuño de 1994, para ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas, no relativo á especialidade de percusión.

Por Orde do 2 de setembro de 1999 disponse o cumprimento da sentencia número 463/1999, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En execución da dita sentencia é necesario modificar parcialmente o anexo da Orde do 27 de xullo de 1995, pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de xuño de 1994, para ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Incorporar a Carlos Castro Roig, con DNI 32.756.238, á relación dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de xuño de 1994, no corpo de profesores de música e artes escénicas, na especialidade de percusión.

Segundo.-Nomear a Carlos Castro Roig funcionario en prácticas do corpo de profesores de música e artes escénicas, na especialidade de percusión.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria