Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.578

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 setembro de 1999 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores seleccionados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22) e están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

Pola Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22) convocouse procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no punto 40.2º da citada orde, os aspirantes que resulten seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formarán parte do proceso selectivo e terá por obxecto a volaración da súa aptitude para a docencia.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios de prácticas os opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os aspirantes que se relacionan no anexo que se xunta.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 1999.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas necesidades e dictará as instruccións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria