Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Por decreto do Consello da Xunta de Galicia número 233/1999, do 29 de xullo, foi declarada a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: expropiación forzosa para a construcción do paso inferior baixo a N-525, saneamento, abastecemento e beirarrúas no núcleo do Eixo.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan, co fin de proceder ó levantamento das actas previas ó ocupación.

Lugar: no local social de Bornais.

Día 5 de outubro de 1999 ás 10 horas: da parcela número 1 á número 5.

Día 5 de outubro de 1999 ás 10.15 horas: da parcela número 6 á número 10.

Día 5 de outubro de 1999 ás 10.30 horas: da parcela número 11 á número 15.

Día 5 de outubro de 1999 ás 10.45 horas: da parcela número 16 á número 20.

Día 5 de outubro de 1999 ás 11 horas: da parcela número 21 á número 25.

Día 6 de outubro de 1999 ás 10 horas: da parcela número 26 á número 30.

Día 6 de outubro de 1999 ás 10.15 horas: da parcela número 31 á número 35.

Día 6 de outubro de 1999 ás 10.30 horas: da parcela número 36 á número 40.

Día 6 de outubro de 1999 ás 10.45 horas: da parcela número 41 á número 45.

Día 6 de outubro de 1999 ás 11 horas: da parcela número 46 á número 50.

Ó dito acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e documento nacional de identidade, podendo asistir acompañado, se o estima oportuno e pola súa conta, dos seus peritos e notario.

A lista de propietarios afectados atópase exposta ó público no taboleiro de edictos do concello.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde