Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipamento de piscinas cubertas climatizadas incluídas no Plan 2000, Deportes da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 99/5475 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipamento de piscinas cubertas climatizadas incluídas no Plan 2000, deportes da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: municipios da provincia da Coruña.

Prazo de execución: o contrato terá unha vixencia de dous anos. O prazo de entrega dos bens específicos será de dous meses.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: ver cláusula 2 do prego.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: ver cláusula 10 do prego.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite. Ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 13 de setembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña