Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O alcalde mediante Decreto do 13 xullo de 1999 (número 1573), aprobou definitivamente o proxecto de compensación do polígono 1 do plan parcial do solo urbanizable non programado número 27 (SUNP-27) de Piñeiro, promovido pola Xunta de Compensación do polígono.

Contra o acto de aprobacion definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamento o de reposición. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso administrativa contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1999.

Luis Toxo Ramallo

Alcalde en funcións